
Agricultura
A agricultura galega é o corazón da nosa identidade. Cando pensamos en Galicia, imaxinamos as súas paisaxes verdes, e non é casualidade, pois a agricultura é a raíz máis fonda do noso territorio e da nosa maneira de ser.
O traballo agrícola non é un oficio calquera; é unha historia de saber facer que pasa de xeración en xeración en leiras pequenas e fértiles. Grazas ao noso clima chuvioso, aquí non só se cultiva para subsistir, senón que se xeran produtos únicos.
Entender a agricultura é, polo tanto, a chave para abrir a porta ao resto dos oficios tradicionais galegos, pois moitos dependen dela directamente.
O sabor do auténtico: cultivo a pequena escala
Traballar a terra converteuse, dende hai uns anos, nun divertimento máis que nunha forma de subsistencia. E cada vez máis persoas que non se adican profesionalmente a cultivar alimentos deciden, pola súa conta, ter unha finca ou unha horta. Que os move a tomar esa decisión? Como cambiou a maneira de traballar os cultivos?

Manolo Santana, agricultor e dono dunha finca: "Merece a pena por satisfacción persoal, nada máis"
De onde vén esta paixón?
Comecei hai pouco, porque os meus pais dedicábanse á agricultura e á gandaría, e eu, como agora teño tempo, decidín recuperar e traballar unhas fincas que eles abandonaran. A xente da miña aldea sempre traballou disto, e a min gustábame. Agora podo dedicarme plenamente, aínda que en pequenas cantidades.
Como é o traballo diario para manter a horta?
O traballo é moi concentrado. Empeza entre marzo e abril, cando hai que preparar e abonar as terras. Despois sémbrase case todo ao mesmo tempo, dependendo do tempo (pementos, tomates, xudías, etc.). Logo vén un período de coidado, sacando as herbas e fumigando contra as pestes, para que os produtos medren ata a maduración. Toda a produción e as colleitas saen nun momento determinado, entre xuño e agosto. No inverno practicamente non se fai nada.
Por que o traballo manual?
O traballo faise principalmente de forma manual, con aixadas, porque as fincas aquí en Galicia son moi pequenas e non dan para grandes maquinarias. Algunhas cousas si se fan con tractores e motocultores, pero a maior parte do traballo realízase á man.
Consideras que este oficio é rendible?
En escala pequena, como fago eu, non é rendible porque dependemos moito da climatoloxía e das pestes. Como queremos facer todo de forma máis ou menos ecolóxica, a produción é moito máis pequena se veñen pestes. Os grandes produtores, en cambio, xa teñen maquinaria seria e importante.
O excedente agásollo aos amigos e o resto consumímolo na nosa familia. A pesar das dificultades, como un ano seco no que a colleita é moi pequena, a satisfacción de ver como se chea unha finca e como van crecendo os produtos é o que máis paga a pena.
COÑECE COMO SE FAI
Proceso de cavar e escardar a terra para o abono.
A labranza invernal realízase para dar vida ao solo e asegurar que o abono orgánico se incorpore e se mineralice lentamente, a tempo para a sementeira primaveral.
Recolleita manual do porro que é de maduración lenta (5 a 7 meses).
Nestas datas o porro madura e está listo para a súa consumición pola súa resistencia ao frío.
Remate da colleita da verza, lista para o seu consumo, cun corte na cabeza de esta.
A verza, tamén chamada col ou repolo, é moi importante separala do talo no momento do corte, que debe facerse cun coitelo curto.
Eliminación das malezas ou malas herbas presentes en calquera finca de cultivo.
É necesaria a súa eliminación para "reducir" a competencia por auga, luz e nutrientes co cultivo principal.
Saber máis...
En Galicia, a maioría dos cidadáns viven da terra, por iso coñecer os traballos agrícolas é tan importante.
Para saber cando plantar cultivos como os pementos, as verzas ou as xudías, é necesario ter en conta o tempo: as xeadas e a calor, pois non se pode plantar todo á vez.
Na primavera é clave sementar os pementos e tomates, porque crecen no verán e non precisan de moita auga.
Os de inverno, ou de ciclo longo, como as fabas ou certas verduras de folla, seméntanse a finais de verán ou a principios de outono.
A regra xeral é sementar cando o risco das xeadas xa pasou, para garantir a xerminación e a calor suficiente para o crecemento dos alimentos.




A provincia de Ourense é única
A pataca da Limia; Xinzo da Limia

A pataca cultivada nas terras de Xinzo de Limia, na provincia de Ourense, posúe unhas propiedades únicas, destacando pola súa textura fina e o seu alto contido en materia seca, o que as converte no complemento ideal para fritir e cocer.
A súa produción é vital para o sustento da comarca, onde o seu cultivo faise de forma tradicional, aproveitando as condicións únicas da Limia.


As imaxes corresponden ás máquinas coas que se recollen as patacas e ás patacas da Limia xuntas, acumuladas unhas enriba doutras.



