top of page

Artesanía

A artesanía é moito máis que a creación de obxectos útiles ou decorativos: é memoria, técnica e cultura transmitida a través de xeracións. Cada oficio conserva un modo particular de entender a materia, o tempo e o traballo manual, e converte saberes ancestrais en pezas únicas con identidade propia.

E, aínda que desde entidades como a Fundación Artesanía de Galicia se desenvolven programas de asistencia, formación, promoción e comercialización dos oficios artesanais en Galicia, moitos artesáns quéixanse da falta de escolas nas que ensinar estes oficios tradicionais e evitar así que desaparezan co paso do tempo.

Preme no botón para coñecer a situación actual e a evolución dos oficios da cestería e da zapataría ao longo do tempo.

bottom of page