Os inicios no sector e a explotación actual
A explotación de María José atópase en Soexo, na zona rural de Vilalba, e está centrada na gandaría de carne. Leva arredor de vinte anos dedicada ao sector e actualmente mantén unhas corenta vacas, combinando métodos tradicionais de coidado cos avances básicos en maquinaria que facilitan o traballo diario.
A situación de María José é un patrón frecuente en Galicia, onde moitas explotacións familiares pasan dun membro a outro para garantir a súa continuidade.
O día a día dunha gandeira de carne
A rutina diaria nunha explotación de gando de carne é unha combinación continua de esforzo físico, responsabilidade e conexión directa coa natureza. As gandeiras galegas organizan o seu tempo ao ritmo que marcan os animais, as estacións e as necesidades da granxa, asumindo tarefas que van moito máis alá do coidado básico do gando.
A pesar da dureza do traballo, María José destaca a autonomía que lle ofrece este oficio e a "liberdade á hora de cuidar os fillos, liberdade entre comillas porque tampouco tes tempo para dedicarlles como teñen outros pais".
Rutina, esforzo e transformacións tecnolóxicas
A vida diaria dunha gandeira de carne en Galicia é unha combinación constante de responsabilidade, organización e adaptación. O traballo nunca se detén: cada xornada trae novas tarefas, novas necesidades e, ás veces, novos imprevistos. A rutina está marcada polos animais e polo ritmo propio do rural, onde o coidado do gando esixe presenza continua e atención individualizada. Non existen días festivos, nin paróns, nin horarios estritos: cada gandeira aprende a encaixar as súas obrigas familiares, persoais e profesionais nun equilibrio complexo e ás veces esgotador. Tal e como recoñece María José:“Os imprevistos son o máis complicado: ao mellor queres saír e tes a unha vaca parindo. Sempre tes algo co que non contabas.”
A súa vida é o reflexo dunha realidade moi estendida no rural galego: persoas que multiplica xornadas porque non existe un horario fixo. “Aquí son 365 días sen horario. Ten de bo que non tes xefes, pero o traballo hai que facelo igual".
O papel das novas tecnoloxías no rural: unha axuda imprescindible, aínda que o oficio mantén unha forte esencia tradicional, o traballo mudou moito co paso dos anos. A mecanización permitiu reducir o esforzo físico e acelerar procesos que antes eran totalmente manuais. Para María José, o cambio é claro: “Aquí nótase moito a tecnoloxía, sobre todo nos tractores e na maquinaria. Hoxe en día sería inviable manter 40 cabezas traballando como antes.”
E isto, especialmente para moitas mulleres ao fronte das explotacións, supuxo unha mellora decisiva. “A tecnoloxía favoreceu moito á muller. Sen ela, moitas explotacións levadas por nós serían imposibles.” Porén, a tecnoloxía non elimina a carga mental nin a responsabilidade constante: os animais precisan coidado diario, e as máquinas, mantemento. A mellora é real, pero non suficiente para facer do oficio un traballo completamente compatible coa vida persoal.
A falta de relevo xeracional
A gandaría galega enfróntase a un dos seus retos máis profundos e difíciles de revertir: a ausencia de relevo xeracional. A realidade é que cada vez hai menos mozos interesados en continuar coas explotacións familiares, e moitas delas corren o risco de desaparecer cando a xeración actual se xubile. Este fenómeno afecta a todo o rural galego e pon en perigo non só a actividade económica, senón tamén unha parte importante da identidade e da cultura ligadas ao territorio.
No caso de María José, a situación é clara e directa. Ela mesma recoñece que non ve continuidade na súa explotación: “Non, os meus fillos o saben. Se me fan caso a min non se van adicar a isto.” Para que unha persoa nova decida quedarse, require condicións que lles permitan unha vida digna e equilibrada. María José explícao con claridade: “Habería que facer un investimento moi grande para que eles puideran ter unha calidade de vida distinta… algo para que poidan ter vacacións, porque aquí son 365 días sen un día libre, e se estás enfermo tes que facer o traballo si ou si.”
A iso súmaselle outro problema: a percepción xeral da mocidade sobre o sector agrario. Aínda que existe máis tecnoloxía, mellores máquinas e procesos automatizados, o traballo segue sendo duro e pouco flexible. Ela mesma o resume así: “Xa non atopas quen queira traballar na agraria. Se fora ao mellor un mes seguido, ao igual si; pero días soltos é moi complicado.”
Este desinterese tradúcese nunha perda directa de continuidade. En moitas parroquias, como a súa, as explotacións que quedan activas son poucas e están en mans de persoas que superan os 50 anos. Cando elas se retiren, o máis probable é que non haxa quen continúe.
As Subvencións: Apoio Necesario pero Insuficiente
As subvencións convertéronse nun apoio imprescindible para que moitas explotacións gandeiras poidan seguir adiante. O incremento constante dos custos —desde a alimentación do gando ata a maquinaria, o combustible ou os servizos veterinarios— fai que moitas granxas dependan destas axudas para manter a súa actividade. Con todo, a realidade é que estas subvencións non sempre chegan na cantidade, velocidade ou estabilidade necesarias para garantir un futuro sólido no rural.
Coñece a explotación de María José:
María José Díaz
"Eu son partidaria de que o mellor sería quitar as subvencións e pagar o produto polo que vale"
María José Díaz
"É moito traballo para pouca productividade. Non vemos o resultado de todo o esforzo que facemos"
María José Díaz
"Non, os meus fillos o saben. Se me fan caso a min non se van adicar a isto"





